martes, 27 de maio de 2014

O circo de Europa 2014.

Semella que algo está a mudar no arco político europeo. En Francia a ameaza da extrema dereita, ao fin, materializouse. Aínda que os máis votados aquí -que non tildamos de extremos- non sei eu se serán aínda piores: ¡a Marine LePen semelláballe retrógrada a lei do aborto do PP! O destes lares de acolá aínda é máis esperpéntico. A estas alturas coido que é hixiénico mirar o circo desde unha certa distancia.
 
Unha reflexión: ¿Será posible que nalgunhas mesas faltara a papeleta de "Os Pobos Deciden"?
http://www.sermosgaliza.com/articulo/politica/denuncias-todo-estado-pola-ausencia-papeletas-pobos-deciden/20140525145314027667.html