venres, 29 de abril de 2011

PETÖFI

Hasta Kiskörös mismo chegaban os carreiriños de herba verde.
Hasta Kisköros mismo, os cómaros verdes das veigas de Hungría.
Hasta o mismo Kisköros, os verdes das veigas de rosas amarelas.
Hasta Kisköros, con canciós ledas do Danubio.

Era un tempo de longas espadas brillantes,
en que os poetas morrían cunha rosa no peito
e un poema que nunca se puido rematar.

Corazós coma craras bandeiras
alcendían o vento pasmado.
E a voz sempre se finaba nunha rosa aberta de sangre.

Viúdas de vivos tráxicos
mataban ô mencer tristes lámparas desveladas.
Eran pequenas as noites de longas chuchas salgadas e amargues,
nas que se paraba o negro da ruleta dos conspiradores.

Ai, Petöfi, Petöfi, doce poeta dos menceres coma espadas!
Ai, Petöfi, Petöfi, doce poeta dos adioses pra sempre!
Cómo revoaban as capas dos cosacos en Segosvar!

Tirado de "Cómaros Verdes" de Aquilino Iglesia Alvariño.