martes, 31 de agosto de 2010

Vellos tópicos.

No medio do camiño da nosa vida, á maneira do toscano, atopeime nunha floresta. Aproveitei a canícula para me deitar a rentes dun centenario carballo, e adormecín case de inmediato abalado o meu sono pola cántiga monótona do vento na verdura.
Soñei cun largacío terreo polo que ía vendo xente sobre quen eu podía meditar. Vin moitos nomes que foran importantes e que, hogano, ficaban na axenda de teléfonos, e eu veña a pasar as follas sen emoción. Tamén vin amigos iridiscentes que afortunadamente sempre fan sorrir e sorrín comigo. E vin seres escuros. E matinei tamén en aqueles que se me presentan imprescindibles. Nos que van ao meu carón. Nos que veñen.
A brisa medrou en vento e despertei nun fungar antigo. Erguínme e seguín o meu camiño.